En Cartel
-
Obra de teatro QUERIDA AGATHA CHRISTIE, en Vigo
O xoves 7 de maio chega ao Teatro Afundación de Vigo «Querida Agatha Christie», a obra escrita e dirixida por Juan Carlos Rubio que imaxina un encontro imposible entre dous xigantes da literatura: Agatha Christie e Benito Pérez Galdós. Unha noite de 1927, nunha habitación do Hotel Taoro de Tenerife, unha escritora ao bordo do abismo e un elegante cabaleiro comparten segredos, misterio e humor nunha comedia dramática cun final que non poderás contarlle a ninguén.
Mercar -
Exposición: MIÑA NAI! Maternidades e crías no mundo animal, en Vigo
Un percorrido fotográfico por 45 especies que explora a maternidade no mundo animal e os seus sorprendentes paralelismos coa nosa propia experiencia
-
Tempada de Abonos de Teatro en Vigo xaneiro - xuño 2026
Unha programación escénica de primeiro nivel que traerá ás táboas do Teatro Afundación Vigo as producións máis destacadas do panorama actual.
Mercar -
Tempada de Abonos de Clásica en Vigo. Xaneiro a xuño de 2026
Unha programación de excelencia que traerá ao noso escenario as mellores propostas musicais do circuíto nacional e internacional.
Mercar