• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

GAMELAS

RAFAEL ALONSO

GAMELAS
INV:
3351
Año de creación:
1973
Dimensiones:
73 x 103 x 0
Técnica:
Acuarela sobre papel

Comentarios

Para Rafael Alonso, o mar é unha fonte de inspiración, un medio no que experimentar emocións e estados de ánimo nunha inesgotable complicidade coa natureza.

A praia preséntase como un espazo habitado polas gamelas que se moven ó compás do vento e das ondas. O peirao corta a mirada para centrala na escena principal sen evitar que o océano se estenda para acariciar a costa encarada que delimita a liña do horizonte.

Manipula os azuis graduándoos en diferentes intensidades para individualizar os sucesivos ritmos espaciais e o branco do papel adquire categoría cromática, captando a luz e o vaivén das ondas. As formas dos botes plásmanse con xesto rápido e as olas describen o seu movemento a través de urxentes trazos, longos e cruzados, nun xogo entre o branco e os mariños, que na beira se superpoñen para conformar manchas que reproducen a cadencia da auga.

As obras realizadas a comezos dos anos setenta buscan o esencial nunha proposta que é cada vez máis verdade, máis realidade descarnada; empregan a cor coma un elemento emotivo e a pincelada como instrumento para interpretar un universo que é luz, mar e aire.

Exposiciones

"Rafael Alonso". Do 25 de outubro ó 3 de novembro de 1976. Sala de Arte. Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, Pontevedra.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78